Coronavirus Galiza: os casos activos soben a 75.961 mentres os ingresos en UCI fican estábeis

Espazo para a vacinación masiva en Vigo (Foto: Europa Press).
Os novos contaxios da Covid-19 volven aumentar na Galiza, após dúas xornadas en descenso, até os 6.619, que supoñen uns 1.900 máis que na terza feira, mentres os casos activos soben aos 75.961 (uns 2.200 máis que o día anterior).