Coronavirus Galiza: o noso país podería rematar a semana por debaixo dos 20.000 casos activos

Terraza de Vigo. (Foto: Marta Vázquez/Europa Press)
Sanidade sumou tres novos falecementos, todos presentaban patoloxías previas.

Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 22.834 casos activos na Galiza, despois de que baixasen en 1.268 con respecto á xornada anterior. Tamén descenden os novos contaxios, xa que o último reporte contabiliza 1.582, 129 novos contaxios menos.

En canto ao número de pacientes ingresados pola Covid-19 descenderon até as 564 as persoas que se atopan nun complexo hospitalario pola infección. Delas, 29 están nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), dúas menos que na xornada anterior, mentres que 535 persoas seguen hospitalizadas en unidades convencionais, 11 menos. Os 22.270 casos activos restantes atópanse en seguimento domiciliario. En canto á taxa de positividade, volveu aumentar até 13,7%.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese en catro das sete, e só aumenta nas de Ourense e Ponteveda e O Salnés. En concreto, a área da Coruña e Cee segue a ter sete pacentes Covid en UCI pero baixan a 126 os ingresados noutras unidades (sete menos); na de Vigo baixan a tres os críticos (dous menos) e a 71 os doutras unidades (oito menos). Na área sanitaria de Lugo volve a baixar a un os pacientes Covid en UCI (un menos) e seguen a ser 51 os ingresados noutras unidades, mentres que na de Santiago e Barbanza mantéñense en sete os críticos, pero reducen a 89 os doutras unidades (dous menos).

Na de Ferrol suben a tres os ingresados en UCI (un máis) e baixan a 39 os hospitalizados noutras unidades (un menos), e na de Pontevedra e O Salnés seguen dous en críticos pero aumentan a 82 os doutras unidades (cinco menos). Na área sanitaria de Ourense mantéñense seis pacientes hospitalizados en UCI aumentan a 77 os pacientes Covid noutras unidades (dous máis).

Descenso xeralizado

O descenso é xeralizado nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (-373), seguida da de Santiago e Barbanza (-252), A Coruña e Cee (-243), Pontevedra e o Salnés (-200), Lugo (-71), Ferrol (-55) e Ourense (-50).

 A área da Coruña, con 4.910 casos, segue a ser a que máis casos activos contabiliza; seguida da de Vigo, con 4.555; Santiago e Barbanza, con 3.935; Ourense, con 2.766; Lugo, con 2.672; Pontevedra e O Salnés, con 2.454, e a de Ferrol, con 1.307.

Segundo o último informe actualizado a 22 de febrero polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza está en 1.194,85 casos por 100.000 habitantes.

Seguen a baixar os contaxios

Desde o comezo da pandemia contabilizáronse 490.753 novas infeccións, das que 116.237 corresponden á área de Vigo; 103.117, á da Coruña e Cee; 76.889, á de Santiago e Barbanza; 58.459, á de Ourense; 56.731, á de Pontevedra e O Salnés; 51.090 á de Lugo; e 27.650, á de Ferrol.

Na xornada deste domingo leváronse a cabo 4.528 PCR, que elevan a 3.679.098 as probas realizadas desde o inicio da pandemia na Galiza e 3.578 test de antíxenos, que suman 1.509.829.

Falecidos e curados

Consellaría de Sanidade comunicou o falecemento de tres persoas nos últimos días que contaban con patoloxías previas, o que eleva a 3.082 os finados pola Covid desde o comezo da pandemia.

En canto aos curados, desde o comezo desta crise sanitaria 464.890 personas superaron satisfactoriamente a Covid-19.