Coronavirus Galiza: o novo descenso dos contaxios permite albiscar a fin da sexta vaga da pandemia
14 de febreiro de 2022 (11:25 h.)
Os casos activos de Covid-19 seguen en descenso na Galiza e sitúanse en 38.640, que supoñen 3.571 menos que a xornada anterior, así como os novos contaxios, que baixan a 1.652, mentres os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan a 663, que implican 22 máis.