Coronavirus Galiza: baixan dos 25.000 os casos activos e redúcense as hospitalizacións

Punto de test de antíxenos na área de Ourense. (Foto: Europa Press)
Sanidade notificou catro falecidos máis, todos con patoloxías previas.

Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 24.102 casos activos na Galiza, despois de que baixasen en 1.868 con respecto á xornada anterior. Pola contra, aumentan os novos contaxios, xa que o último reporte contabiliza 1.711, 648 novos contaxios máis.

En canto ao número de pacientes ingresados pola Covid-19 descenderon até as 577 as persoas que se atopan nun complexo hospitalario pola infección. Delas, 31 están nas Unidades de Coidados Intensivos (UCIS), as mesmas que na xornada anterior, mentres que 546 persoas seguen hospitalizadas en unidades convencionais, 21 menos. Os 23.525 casos activos restantes atópanse en seguimento domiciliario. En canto á taxa de positividade, cae até 11%.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria redúcese en cinco das sete, e só aumenta na de Santiago e Barbanza. En concreto, segue a ter sete pacentes Covid en UCI e suben a 91 os ingresados noutras unidades (tres máis); mentres que na da Coruña e Cee baixan a sete en críticos (un menos) e mantéñense en 133 os doutras unidades. Na área sanitaria de Lugo suben a dous os pacientes Covid en UCI (un máis) e descenden a 51 os ingresados noutras unidades (seis menos), mentres que na de Pontevedra e O Salnés mantéñense en dous os críticos, pero reducen a 77 os doutras unidades (seis menos).

Na de Ferrol suben a dous os ingresados en UCI (un máis) e seguen en 40 os hospitalizados noutras unidades, e na de Vigo seguen cinco en críticos e descenden a 79 os doutras unidades (dez menos). Na área sanitaria de Ourense mantéñense sete pacientes hospitalizados en UCI s aumentan a 77 os pacientes Covid noutras unidades (dous máis).

Descenso dos casos activos

O descenso é xeralizado nas sete áreas sanitarias, coa de Vigo á cabeza (-480), seguida da de Coruña e Cee (-354), Sabtiago e Barbanza (-349), Pontevedra e o Salnés (-223), Ourense (-185), Lugo (-178) e Ferrol (-78).

 A área da Coruña, con 5.153 casos, segue a ser a que máis casos activos contabiliza; seguida da de Vigo, con 4.928; Santiago e Barbanza, con 4.187; Ourense, con 2.816; Lugo, con 2.743; Pontevedra e O Salnés, con 2.654, e a de Ferrol, con 1.362.

Segundo o último informe actualizado a 21 de febrero polo Ministerio de Sanidade, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza está en 1.270,94 casos por 100.000 habitantes.

Seguen a baixar os contaxios

Desde o comezo da pandemia contabilizáronse 489.171 novas infeccións, das que 115.940 corresponden á área de Vigo; 102.829, á da Coruña e Cee; 76.615, á de Santiago e Barbanza; 58.209, á de Ourense; 56.574, á de Pontevedra e O Salnés; 50.862 á de Lugo; y 27.578, á de Ferrol.

Na xornada deste domingo leváronse a cabo 2.944 PCR, que elevan a 3.674.570 as probas realizadas desde o inicio da pandemia na Galiza e 3.506 test de antíxenos, que suman 1.506.251.

Falecidos e curados

Consellaría de Sanidade comunicou o falecemento de catro persoas nos últimos días que contaban con patoloxías previas, o que eleva a 3.079 os finados pola Covid desde o comezo da pandemia.

En canto aos curados, desde o comezo desta crise sanitaria 462.043 personas superaron satisfactoriamente a Covid-19.