Coronavirus en Galiza: 1.598 persoas contaxiadas e 34 falecidas

Exército en Compostela (Arxina)

Un total de 25 persoas xa foron dadas de alta

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta cuarta feira, o número de casos de coronavirus rexistrados en Galiza ascende a 1.598.

Deles 389 son da área da Coruña, 99 da de Lugo, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago, e 38 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 69 permanecen en UCI, 409 están en unidades de hospitalización e 1.120 no domicilio.

Polo de agora, en Galiza rexistráronse 25 altas de pacientes e 34 falecementos. A primeira morte desta quinta feira é un home de 74 anos hospitalizado en Pontevedra.

A morte dun home de 63 anos, con patoloxías previas, ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense foi a sexta e última vítima desta cuarta feira.

Outros cinco varóns faleceron nas últimas horas: un de 84 anos e dous de 82 anos, que estaban ingresados no hospital Virxe da Xunqueira (Cee) e no Chuac da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e outro varón de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 7.936.