Convocan unha concentración após o "acoso" denunciado por unhas rapazas por levar a 'estreleira'

Será esta segunda feira, de 20:00 a 20:30 horas, ante o centro comercial compostelán onde unhas mozas din que foron acosadas polos gardas por levar a ‘estreleira’.

Esta segunda feira, 20 de febreiro, de 20:00 a 20:30 horas, diante do centro comercial As Cancelas, en Santiago. É a convocatoria que se está a facer nas redes sociais chamando a un “Encontro en defensa da nosa bandeira”. Dereitos Civís defende a concentración elembra que levar unha destas bandeiras "non é unha ilegalidade". 

O motivo desta acción é a denuncia feita por unhas mozas sobre o “acoso” que afirman sufriron por parte de gardas de seguridade nese centro da capital de Galiza por levar bandeiras galegas coa estrela vermella.