Convocan concentración na Galiza en solidariedade con Otegi e resto de encausados no ‘Bateragune’

Ás 12:00 horas na Praza de Praterías, en Compostela.

A decisión do Tribunal Supremo de repetir o xuízo a Aranaldo Otegi e resto de encausados no ?batweragune’, anulado polo Tribunal de Dereitos Humanos, está a xerar diversas respostas sociais en Euskal Herria e máis alá das súas fonteiras.

A través das redes sociais convócase unha concentración de solidariedade para cos 5 encausados e encausadas no ‘Bateragune’. Este sábado, ás 12:00 horas, na Praza de Praterías de Compostela.

O Tribunal Supremo acordou por unanimidade que se xulgue de novo a Arnaldo Otegi, Rafa Díez, Sonia Jacinto, Miren Zabaleta e  Arkaitz Rodríguez polo ‘caso  Bateragune’ na Audiencia Nacional española. É a primeira vez que se repite un xuízo anulado por Estrasburgo.

Otegi expresou a través das redes sociais as primeiras declaracións a raíz da decisión do Supremo: "Ni nos domaron, ni nos dobraron, ni nos van domesticar! Gañaremos". 

Tamén nas redes sociais, Arkaitz Rodríguez, outro dos condenados no caso Bateragune: "12 anos despois da nosa detención, tras pasar no cárcere 6 anos de forma absolutamente inxusta e ilegal, tras unha anulación europea e sen que sequera exista xa esa organización, decidiron volver xulgarnos por pertenza a ETA. Democracia? Que democracia?".