Anunciouno nas redes sociais

O conselleiro de Educación e Cultura, en corentena

O conselleiro de Cultura Román Rodríguez. / E. P.
Román Rodríguez di que se illará e traballará desde a casa por ter estado en contacto cunha persoa que deu positivo en Covid-19.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou de que, desde esta sexta feira, estará illado en corentena e traballando desde casa.

Segundo indica no seu perfil de Twitter, permanecerá en corentena por un contacto cun positivo por Covid-19 na súa contorna persoal.

Explicou que realizou unha proba PCR con resultado negativo.

En redes sociais, apunta tamén que se atopa ben e "seguindo as indicacións sanitarias".

"Coidémonos entre todos", apela o conselleiro, cuxo caso é o primeiro que transcende, dun illamento ligado coa Covid--19, no seo do Executivo de Feixoo.