O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou de que, desde esta sexta feira, estará illado en corentena e traballando desde casa.
Segundo indica no seu perfil de Twitter, permanecerá en corentena por un contacto cun positivo por Covid-19 na súa contorna persoal.
Explicou que realizou unha proba PCR con resultado negativo.
En redes sociais, apunta tamén que se atopa ben e "seguindo as indicacións sanitarias".
"Coidémonos entre todos", apela o conselleiro, cuxo caso é o primeiro que transcende, dun illamento ligado coa Covid--19, no seo do Executivo de Feixoo.