A conselleira de Medio Ambiente, en corentena por contacto cun positivo en covid-19

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda, Ángeles Vázquez, deberá gardar corentena por manter contacto cunha persoa diagnosticada con covid-19.

Fontes da Xunta consultadas por Europa  Press ratificaron que a conselleira atópase ben mais ten que gardar corentena. Esta segunda feira a primeira hora Vázquez anulou toda a súa axenda pública.

"Por contacto cunha persoa positiva en coronavirus, debo gardar a corentena antes de retomar a miña axenda pública", trasladou na súa conta da rede social Twitter.

Vázquez é a segunda conselleira do Executivo galego que se ve obrigada a illarse por contacto cun positivo en coronavirus.

Previamente, o pasado mes de setembro, foi o titular de Educación, Román Rodríguez, o que anunciaba que tiña que gardar corentena tras o contacto cun positivo na súa contorna persoal.

Galiza rexistrou outros 417 positivos por Covid-19 nas últimas 24 horas, deles 98 na área sanitaria de Vigo; 75 na de Santiago e Barbanza; 66 na de Ourense e 54 na da Coruña.

Os casos activos xa superan os 5.100. Aumentan a 312 os pacientes con Covid hospitalizados, deles 46 en UCI.