Confirmados 14 anos de prisión para o condenado por asasinar o seu provedor de droga en Redondela

Manuel M.B., condenado a 14 anos de prisión por asasinato (Foto: Europa Press).
Na súa sentenza, a sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, considerou probado que, na noite do 27 de xaneiro de 2021, o acusado acudiu, portando unha cinta adhesiva de embalar e unhas luvas de látex, ao domicilio da vítima, Roberto C.P., quen se negou a fiarlle a compra de cocaína, polo que o acusado lle provocou a morte por asfixia.

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto pola defensa de Manuel M.B., alias 'Matanzas', e ratificou a sentenza da Audiencia de Pontevedra que o condenou a 14 anos de cárcere polo asasinato de Roberto C.P., o seu provedor de cocaína, na parroquia redondelá de Chapela, en xaneiro de 2021, en base ao veredicto de culpabilidade do tribunal de xurado.

O alto tribunal galego lembra no seu veredicto que "se deben rexeitar de plano os motivos de apelación nos que a posta en cuestión da valoración probatoria do Xurado se efectúa á marxe da denuncia de existencia de erro derivado dalgún documento ou dunha pericial documentada, única e inequívoca, concluínte nos seus resultados ou con virtualidade 'per se' para evidencialo".

Así, destaca que o TSXG carece de competencia -igual que sucede co Tribunal Supremo- para valorar a proba persoal practicada, ponderación que corresponde de maneira exclusiva e excluínte ao tribunal.

Na súa sentenza, a sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede en Vigo, considerou probado que, na noite do 27 de xaneiro de 2021, o acusado acudiu, portando unha cinta adhesiva de embalar e unhas luvas de látex, ao domicilio da vítima, Roberto C.P., quen se negou a fiarlle a compra de cocaína.

O asasinato

Ao negarse a entregarlle a droga, Manuel M.B. dirixiuse ao baño do inmóbel, onde colocou as luvas e, a continuación, "foi por detrás da vítima e pasoulle o brazo polo pescozo, comprimíndoo, á vez que lle tapaba o nariz e/o boca, ocasionándolle a morte por asfixia".

A continuación, amordazou o seu provedor de droga, atouno de pés e mans, colocoulle un chaleco encima do rostro e fuxiu, levando o móbil e as chaves da casa da vítima. "Coñecía o risco de que podía causarlle a morte ao bloquearlle a respiración, aínda que este resultado non fose o desexado, e aínda así decidiu facelo", subliña a sentenza de instancia, na cal se destaca que a agresión se produciu "por detrás, cando o afectado se atopaba sentado, ceando e coa boca chea, e alleo ao que ía acontecer, de maneira que non tivo ningunha maneira de se defender".

Na súa sentenza, a Audiencia tivo en conta o atenuante de confesión porque 'Matanzas', unha vez detido e durante o curso da investigación, recoñeceu parcialmente os feitos e axudou a recuperar o teléfono e as chaves do falecido.

Ademais, tamén se aplicou a atenuante de drogadicción xa que, no momento dos feitos, o acusado estaba diagnosticado dun trastorno de personalidade con déficit de control de impulsos e dun trastorno por uso de substancias (principalmente alcol e cocaína).