Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
A sentenza fora gañada no seu día pola CIG. O sindicato insta o INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social) a que non se limite a aplicar a sentenza que é firme senón a recoñecer este dereito a todos os proxenitores diferentes da nai biolóxica que pasen polo falecemento dunha crianza.
O Observatorio da Minaría ratifica a situación da minaría galega. A lexislación que regula a actividade mineira no conxunto do Estado data do ano 1973.
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza declarou ilegal a decisión da Xunta de conceder a liña de transporte escolar de Cambados a unha UTE participada por Monbus. O novo auto coñécese un dia despois de que o Consello de Contas fixera público un informe onde carga contra a política de mobilidade do Goberno galego.
A Lei de medidas fiscais e administrativas dos orzamentos de 2024 formula unha modificación da normativa eólica vixente na Galiza. Porén, os xuristas consultados por Nós Diario cuestionan a súa legalidade e advirten dos incumprimentos da lexislación estatal e comunitaria.