Confirmado como asasinato machista: O octoxenario de Sigüeiro matou a súa muller e despois suicidouse

Escena do crime en Sigüeiro, Oroso (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Os cadáveres pertencen a un home de 88 anos e unha muller de 80. Tal e como informan diversas fontes, foi un familiar quen llos atopou na mañá desta sexta feira, xa falecidos, cando chegou á vivenda, situada na rúa Castaños, sen Sigüeiro, Oroso.

A Garda Civil confirmou como un crime de violencia machista a aparición nun piso de Sigüeiro, no concello de Oroso (comarca de Ordes), dos corpos sen vida dun matrimonio de octoxenarios que presentaban signos de violencia.

Os cadáveres pertencen a un home de 88 anos e unha muller de 80. Tal e como informan diversas fontes, foi un familiar quen llos atopou na mañá desta sexta feira, xa falecidos, cando chegou á vivenda, situada na rúa Castaños.

Fontes coñecedoras da investigación ratificaron que se trata dun caso de violencia machista: o home matou a súa muller cunha arma branca e despois suicidouse.

Urxencias Sanitarias da Galiza-061 tivo coñecemento dos feitos sobre as 11.15 horas da mañá e, á súa vez, este servizo deu a alerta á central do 112 para solicitar a intervención das forzas da orde.

O 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico cun equipo de Atención Primaria ao lugar, pero os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento das dúas persoas.

Terceiro crime machista do ano

O crime machista de Sigüeiro, Oroso, pasa a engrosar as estatísticas destes casos e, segundo a lista oficial, sería o terceiro neste 2023 a falta dun mes para que finalice o ano.

As estatísticas oficiais tamén recollen como violencia machista o caso rexistrado en febreiro en Baiona (comarca de Vigo), onde un home asasinou a súa ex muller en presenza dos seus dous fillos. Así mesmo, en xuño deste ano un garda civil matou a tiros a súa ex parella nun cámping de Oia e despois suicidouse.