Condena unha empresa de seguridade en Vigo por negar a conciliación familiar a un delegado sindical

Complexo hospitalario universitario na Coruña
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) acaba de dar a razón a un vixilante da empresa Securitas que prestaba servizo na Zona Franca de Vigo que denunciou a vulneración do seu dereito de conciliación da vida persoal, familiar e laboral por parte da empresa, por non lle conceder esta a petición de cambiar as quendas de traballo para poder coidar da súa nai octoxenaria e enferma. 
 

A sentenza estima o recurso presentado polo traballador e concédelle unha indemnización de 6.551 euros en concepto de danos e prexuízos.

A resolución estabelece que houbo, por parte da empresa, unha "absoluta desidia e clara falta de interese" á hora de tramitar a súa petición de conciliación, que vincula co seu papel de delegado do sindicato Alternativa Sindical. O tribunal pon de relevo as "múltiples denuncias" cursadas polo empregado contra a compañía diante da Inspección de Traballo en exercicio da súa función.

A información íntegra pode consultarse na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.