As mulleres galegas alzan a voz contra o último asasinato machista

Concentración contra a violencia de xénero

O movemento feminista galego, como dita o seu protocolo, convoca esta terza feira concentracións por todo o país en repulsa do asasinato machista en Valga

O pasado domingo 10 de marzo, un home de 46 anos asasinou a súa parella, de 43 anos, na parroquia de Setecoros, no concello de Valga. Logo de matala, suicidouse.  M.A. é a segunda galega vítima de feminicidio en só tres días, após o asasinato dunha muller natural de Galiza en Madrid, cidade en que vivía. Nese caso, as forzas policiais tamén informaron de que o home, de 81 anos, mataría a muller, de 63, e que despois se quitaría a vida.

 

Esta segunda feira 11 de marzo, terá lugar unha concentración ás 20 horas na Praza de Valga e un minuto de silencio ás 12 horas no Parlamento de Galiza. O protocolo do feminismo galego recolle a premisa de convocar as concentracións para 24 horas despois de que o asasinato se publique en prensa escrita, a fin de dar tempo aos distintos concellos e colectivos a que se sumen e para poder darlle unha difusión conxunta.

 

A prensa dixital non serve como referente dado a súa inmediatez, que dificulta a certificación do caso como violencia de xénero. Polo tanto, as concentracións terán lugar esta terza feira 12 de marzo.

 

Convocatorias:

A Coruña

20 horas no Obelisco

A Estrada

20 horas na Praza do Mercado

A Guarda

 20.30 horas na Praza do Reló

As Pontes

20 horas na Praza do Hospital

A Ramallosa

 20 horas na Rotonda da Ramallosa (fronte á capela do San Campio)

Bertamiráns

20 horas na Praza da Maía

Betanzos

 20 horas no Cantón de Claudino Pita

Cambados

20.30 horas na Praza da Naiciña

Compostela

 20 horas na Praza 8 de Marzo

Ferrol

 19 horas diante do Concello

Lugo

 20 horas Diante do Concello

Miño

 20.30 horas na Praza do Parchís

Moaña

20:00 horas na Praza do Concello

Ourense

 20 horas na Castañeira. San Lázaro

Pontevedra

20:30 horas diante da Audiencia provincial (rúa Rosalía de Castro)

Redondela

20:30 horas na Praza da Constitución

Vilagarcia de Arousa

20.30 horas na Praza de Galicia

Vigo
 20 horas nas Escaleiras do Marco