Concentracións en repulsa polo asasinato machista de Vigo

Terán lugar na cuarta feira (7 de outubro) nas sete cidades galegas.

 

O movemento feminista activou o protocolo perante un novo crime machista acontecido na segunda feira en Vigo. Tratouse do terceiro rexistrado en menos de 72 horas no conxunto do Estado español, após seren asasinadas unha muller en Biskaia e outra en Murcia, para alén da agredida en Zamora que se atopa hospitalizada. 

Neste senso, foron convocadas senllas concentracións de repulsa nas sete cidades galegas a cuarta feira ás 20 horas. 

  • A Coruña. Obelisco. 
  • Compostela. Porta do Camiño. 
  • Ourense. Estatua da Castañeira (Subdelegación do Goberno). 
  • Vigo. Diante do Marco. 
  • Pontevedra. Rúa Rosalía de Castro, perante a Audiencia Provincial.
  • Ferrol. Praza do Concello. 
  • Lugo. Praza do Concello.

No que vai de ano foron asasinadas pola violencia machista catro mulleres na Galiza, de acordo coas cifras rexistradas oficialmente. Isabel Fuentes (Ourense), Beatriz Rodríguez (Arbo), Divina (Vigo) e esta última muller da que se descoñece até o de agora a súa identidade.