Crime machista en Vigo: asasina a súa parella e despois suicídase

A carón do cadáver do home había unha nota inculpatoria, segundo fontes da investigación recollidas por diversos medios. O corpo da muller estaba nun armario.

 

Unha muller duns 30 anos de idade foi asasinada pola súa parella, que despois se suicidou, segundo relata La Voz de Galicia. Os corpos de ambos os dous foron atopados esta segunda feira nun piso da céntrica rúa viguesa de Fragoso. Segundo narra o medio de Sabón, a carón do corpo do varón habería unha nota inculpatoria na que este confesaba que lle dera unha malleira á muller, cuxo cadáver foi atopado nun armario.

Até o lugar do asasinato machista desprazáronse varias unidades de emerxencias e dotacións da Policía Nacional española.