Concentracións polo crime machista de Narón

violencia machista

Após a entrada en prisión do compañeiro de Caridad Pérez o movemento feminista volve ás rúas. 

 

As organizacións e colectivos feministas convocan concentracións nas cidades despois de que o xulgado de Ferrol enviase a prisión o compañeiro de Caridad Pérez, a muller asasinada en Narón o 29 de decembro en Narón, como presunto responsábel do asasinato machista que elevou a 8 a cifra oficial de feminicidios no noso país en 2015. 

O feminismo sae ás rúas dous días despois de se confirmar o asasinato machista, unha dinámica que se activa automaticamente

A convocatoria prodúcese ao día seguinte de saír publicado na imprensa a confirmación xudicial de se tratar dun crime machista pois este é o protocolo estabelecido polo movemento feminista galego. O seu obxectivo, lembran, é "visibilizar un asasinato machista e reclamar o fin da violencia contra as mulleres". 

Neste senso, os lugares nos que decorren as concentracións tamén se repiten cada vez que unha muller é asasinada polo feito de o ser. 

As mobilizacións terán lugar na sexta feira, 15 de xaneiro, ás 20h

  • VIGO, diante do marco, convoca Marcha Mundial das Mulleres
  • OURENSE, Castañeira (subdelegación), convoca Marcha Mundial das Mulleres
  • FERROL, diante do concello, convoca Marcha Mundial das Mulleres
  • PONTEVEDRA, diante da Audiencia Provincial, convocan feministas de pontevedra
  • LUGO, praza do concello, convocan feministas de Lugo 
  • A CORUÑA, Obelisco, convoca acción feminista da Coruña
  • COMPOSTELA, na porta do camiño, convoca feminismos Compostela