Concentración contra os recortes na Praza do Obradoiro

Concentración contra os recortes na Praza do Obradoiro
Convocados polas redes sociais realizouse hoxe na Praza do Obradoiro unha manifestación espontánea en protesta contra as medidas que anunciou o goberno de Rajoy.

As medidadas que anunciou hoxe Mariano Rajoy xa tiveron resposta na rúa. Hoxe, convocadas a través do facebook, uns centos de persoas concentráronse a última hora da tarde entre a catedral e o Hostal dos Reis Católicos. Con berros de "Rajoy dimisión" e "A extra de Nadal co cepillo da Catedral". Ao remate da concentración anunciouse outra para mañá a mesma hora tamén na praza do Obradoiro. A convocatoria xa está na rede.

A través de Twitter tamén chegan informacións de concentracións na Praza de América de Vigo.

Imaxe: @omtesouro