Os concellos declarados zona catastrófica polos fogos seguen á espera das axudas prometidas

Os incendios que arrasaron Galiza este verán deixaron máis de 43.000 hectáreas ardidas no conxunto do país en cuestión de mes e medio. Máis de 11.000 desas hectáreas queimadas corresponden só ao concello de Folgoso do Courel, seguido de Carballeda de Valdeorras (10.500 hectáreas), Boiro (2.200), Laza (2.100), Oímbra (2.100), o Irixo (680) e Verín, este último con 600 hectáreas afectadas polo lume. Nós Diario analiza a situación após o verán e que aconteceu coas axudas económicas prometidas. 
 
A serra do Courel foi unha das máis afectadas da Galiza, seguida da zona de Valdeorras, Boiro e Laza. (Foto: Europa Press)
photo_camera A serra do Courel foi unha das máis afectadas da Galiza, seguida da zona de Valdeorras, Boiro e Laza. (Foto: Europa Press)
Comentarios