O levantamento da prohibición nestes nove concellos xa fora proposta na última xuntanza da comisión de seguimento da couza guatemalteca da pataca, que tivo lugar o pasado día 11 de decembro en Compostela. Segundo informou a Xunta, naquela reunión constatouse xa unha evolución positiva na redución de capturas en todos os municipios da zona infestada e que nestes nove non se rexistrou ningunha nos últimos dous anos, razón que permite levantar as restricións, de maneira que os concellos pasen de estar en zona "tampón".
O acordo farase efectivo en días vindeiros, unha vez saia publicado no Diario Oficial da Galiza (DOG). Os seus efectos beneficiarán a agricultura dos concellos de Ares, Mugardos, Cabanas, Fene, Ferrol, A Capela e As Pontes de García Rodríguez, Ourol e Abadín.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.