Un comité europeo denuncia torturas nos cárceres e nas comisarías españolas

Carga policial en Compostela na detención dun mozo independentista [SG]

Destaca que os malos tratos empezan durante o traslado desde o lugar de detención a Madrid e consiste "fundamentalmente en patadas e golpes con porras na cabeza e no corpo". Xa durante o interrogatorio, relata, "colocáronlles unha bolsa na cabeza" e ás mulleres ameázanas con abusar sexualmente delas, ou executan eses abusos


O Comité europeo para a prevención da tortura e das penas ou tratos inhumanos ou degradantes (CPT) denunciou a existencia de "alegacións cribles e consistentes" en relación aos malos tratos que as persoas detidas en réxime de incomunicación están a sufrir no Estado español. Aliás, insistíu no problema dos malos tratos infrinxidos pola Garda civil a persoas sospeitosas de delitos de terrorismo, problema que "segue sen se resolver" após varias décadas advertindo desta situación.

A delegación do CPT, que visitou o Estado español entre o 30 de maio e o 13 de xuño de 2011, elaborou un informe no que pide "tolerancia cero" ante eses casos en comisarías, prisións e centros de internamiento de estranxeiros. 

Segundo o documento, @s entrevistad@s aseguraron ser tratad@s correctamente na gran maioría das conversas. Porén, pero recibiron algunhas alegaciones de malos tratos durante a detención. O Comité pide que se prohiba vendar os ollos ou encapuchar @s detid@s, tamén nos interrogatorios. A delegación obtivo alegaciones críbeis de 10 d@s 11 cidadá(n)s vasc@s detid@s en réxime de incomunicación con quen se entrevistou. 

Bolsas, golpes, porrazos e agresión sexual

No apartado correspondente ao réxime de incomunicación, o CPT recolle algún dos testemuños de malos tratos solicitados. Destaca que os malos tratos empezan durante o traslado desde o lugar de detención a Madrid e consiste "fundamentalmente en patadas e golpes con porras na cabeza e no corpo". Xa durante o interrogatorio, relata, "colocáronlles unha bolsa na cabeza, provocándolles sensación de asfixia" e, simultáneamente, "obrigáronlles a realizar exercicios físicos prolongados".

Detalla o informe como unha persoa detalla alegou que a ameazaron con abusar sexualmente dela, logo de terlle quitado os pantalóns e a roupa interior, mentres que outra afirmou que tales abusos chegaron efectivamente a se producir. Outros testemuños recolleitos polo CPT coinciden ao sinalar que recibiron golpes e escoitaron berros de detidos en celas contiguas durante os interrogatorios. O obxectivo dos malos tratos, explicaron tod@s, era conseguir unha declaración asinada de cara á vista oral.

O organismo expresa o seu "profundo receo" cara a este tipo de prácticas e recomenda estabelecer un código de conduta para os interrogatorios. "Tamén se debería prohibir expresamente vendas os ollos ou encapuchar ás persoas que se achen baixo custodia policial, ata durante os interrogatorios". Acrecenta que debería prohibirse "expresamente" obrigar os detidos a realizar exercicios físicos ou a ficar de pé "durante periodos de tempo prolongados".

O CPT reitera o seu recomendación de que os detidos en réxime de incomunicación teñan acceso a un ou unha avogada desde o primeiro momento da súa detención e durante os interrogatorios. Tamén insta a notificar á familia o feito da detención e o paradoiro da persoa detida, que debería ter a posibilidade de ser visitada por un ou unha médica da súa elección canda @ forense designad@ pol@ xuíza ou xuiz de instrución.

Doutra banda, pídese que as celas das comisarías dispoñan de luz natural, sistema de ventilación e timbre. O CPT atopou paus e bates de béisbol en salas de interrogatorio de comisarías de Cádiz e Madrid (Ponte de Vallecas e Moratalaz).

Obstáculos da Garda Civil

A Unidade de detención do servizo de información da Garda civil, en Madrid, negou a entrada á zona de detención, igual que acontecera en 2007, á delegación do CPT. O organismo, sinala o informe, "estivo chamando a atención das autoridades españolas durante dúas décadas sobre o problema dos malos tratos que inflige a Garda Civil" e que este "segue sen se resolver".

Por iso, solicita ás autoridades españolas que leven a cabo unha investigación rigorosa e independente sobre os métodos empregados por oficiais da Garda civil durante as detencións incomunidacadas. O CPT recomenda finalmente que cando unha persoa presa denuncie malos tratos ou torturas, @ xuíza ou xuíz tome nota da denuncia por escrito, ordene un exame médico e poña todos os medios para que se investigue caso por caso de maneira adecuada.