As Comunidades de Montes anuncian "resistencia" diante dos plans da Xunta

O municipio de Mazaricos acollerá hoxe o "Día da loita da veciñanza comuneira na defensa do monte veciñal", organizado pola Organización galega de comunidades de montes (Orgaccm) e o Instituto galego das terras comunitarias (Ingateco). Será a primeira vez desde que se aprobou esta conmemoración en 2014 que se realice, e coincide cun momento chave para o futuro destas entidades colectivas após o acordo do Consello Forestal de iniciar un proceso para unha nova Lei de Montes.
Monumento conmemorativo no monte veciñal de Eirón (Mazaricos) no lugar en que mataron o comuneiro Xosé Esperante (Nós Diario)
photo_camera Monumento conmemorativo no monte veciñal de Eirón (Mazaricos) no lugar en que mataron o comuneiro Xosé Esperante (Nós Diario)
Comentarios