Os comuneiros galegos, contra un Plan Forestal que "alenta a desaparición dos montes veciñais

Un acto en contra do plan. (Foto: Nós Diario)
A Organización Galega de Comunidades de Montes realizou esta fin de semana en Porto do Son a súa Asemblea anual. 

Representantes de comunidades de montes de todo a Galiza asistiron esta fin de semana en Porto do Son á Asemblea anual da Orgaccmm, a Organización Galega de Comunidades de Montes. Unha cita, como salienta a propia organización, na que se fixo un chamamento a todas comunidades para se organizaren "contra o novo Plan Forestal aprobado polo Goberno galego un plan que permite a enaxenación da xestión  dos montes comunais para entregarllos a intereses privados".

Outros acordos que se acadron nesa Asemblean foron a comisión organizativa do VII Congreso de Comunidades de Montes a realizar dentro de dous anos e a dada IV Xuntanza internacional de terras comunitarias. 

Entre os temas a debare e análise, abordouse a problemática da "continua  inavsión ilegal de vehículos motorizados" nos terreo dos montes veciñais, "dos danos que están a causar, e as posibles solucións paa pórlle coto a esta agresión ambiental".

O novo Plan Forestal recén aprobado pola Xunta de Galicia foi o punto do día que xenerou máis intervencións dos representantes das comunidades, indican desde Orgaccmm, incidndo en que se expresou un "rexeitamento unánime a dito plan".  

Sen consenso social

"Todos os  delegados dos montes comunais coincidiron en que o Plan Forestal aprobado en solitario polo Partido Popular carece de consenso social, fai unha diagnose fictica da situación do monte galego, fomenta o monocultivo de especies invasoras, promove a forestación de terras agrarias, non atalla a problemática dos incendios forestais, agrava a situación de abandono do rural e alenta a desparación dos montes veciñais en man común".

A Organización Galega de Comunidades de Montes acordou establecer un plan de traballo para continuar coas mobilizacións para expresar o rexeitamento a este Plan Forestal e a necesidade de redactar un novo plan que garanta un monte galego con futuro e poña a vida no rural no centro.