O que cómpre saber sobre as novas restricións aprobadas pola Xunta

Control (Foto: Arxina)

Que actividades fican permitidas e cal non? Podo ou non podo saír dos concellos ‘confinados’? Canto duran as medidas? O pequeno comercio segue aberto? Resposta a preguntas sobre o que implican as novas medidas, que entrarán en vigor á media noite de mañá, 6 de novembro.

 

 

1) Entra en vigor nove horas despois da hora anunciada por Feixoo

As novas restricións para facer fronte á propagación do coronavirus entrarán finalmente en vigor a medianoite do sábado, tal e como recolle a orde da Consellería de Sanidade publicada ao fío da medianoite desta quinta feira no Diario Oficial de Galiza (DOG).

A pesar de que Núñez Feixoo dixera en rolda de prensa esta cuarta feira que as novas restricións, incluído o peche dos bares e restaurantes e novos confinamentos perimetrais, entrarían en vigor ás 15:00 desta sexta, a orde do DOG atrasa a súa efectividade 9 horas, até a medianoite do sábado, agás no Carballiño, onde principiaron a medianoite desta quinta

2) Que medidas son?

- Restrinxir toda actividade que non sexa esencial
- Peche perimetral
- Peche da hostelaría agás para servizos de recollida de comida ou servizo a domicilio
- Reducir a práctica de deporte á que se fai individualmente.
- Cinemas, teatros, auditorios reducen a súa capacidade a 30 persoas en interior e 75 en exterior

 

3) Que concellos?

A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros
Lugo
Santiago, Ames, Teo, Boqueixón, O Pino, Val do Dubra, Traz, Vedra, Oroso
Ferrol, Ares, Fene, Neda, Narón e Mugardos.
Ourense, Barbadás, Amoeiro, Coles, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén
Pontevedra, Marín, Vilaboa, Poio, Pontecaldelas, Barro, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior
Vigo, Gondomar Mos, Nigrán, O Porriño e Redondela.

Fóra desas grandes zonas urbanas, tamén se aplicarán estas medidas a concellos cunha taxa de incidencia acumulada superior a 200, como: A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía,Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo e Cangas.

 

4) Que actividades fican fechadas neses concellos? O DOG no Anexo II establece o peche temporal de actividades non esenciais nos 60 concellos ás seguintes:

Espectáculos públicos: Espectáculos taurinos, circenses, feirais e de exhibición, pirotécnicos.

Actividades recreativas: culturais e sociais,  de ocio e entretemento, atraccións recreativas,  de restauración, Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

Establecementos abertos ao público: Establecementos de espectáculos públicos, Circos,  Prazas de touros, Recintos feirais, establecementos de actividades recreativas, establecementos de xogo, Casinos, Salas de bingo, Salóns de xogo, Tendas de apostas.

Establecementos para actividades deportivas: Pistas de patinaxe, Piscinas recreativas de uso colectivo, establecementos para atraccións e xogos recreativos, parques de atraccións e temáticos, parques acuáticos, salóns recreativos, parques multiocio, salas de concertos.

Establecementos de restauración: Restaurantes, salóns de banquetes, Cafetarías, Bares. Os establecementos de restauración permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.

Tamén deben pechar  Salas de festas, Discotecas. e Pubs, Cafés-espectáculo, Furanchos e Centros de lecer infantil.

 

5)  Cal quedan execeptuadas? Quedan exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:

Espectáculos públicos: espectáculos cinematográficos,  teatrais e musicais

Espectáculos deportivos: actividades recreativas, actividades deportivas.

Establecementos abertos ao público: Cinema, teatros, auditorios.

Establecementos de espectáculos deportivos: estadios deportivos, pavillóns deportivos, recintos deportivos, ximnasios, piscinas de competición.

Museos

Bibliotecas

Salas de conferencias

Salas polivalentes

 

6) E o resto da Galiza?

No conxunto da Galiza non afectan estas restricións. O que si, vanse limitar as saídas de usuarios fóra das residencias, mais mantéñense as visitas.

Redúcense aforos en centros comerciais e no interior das tendas será do 50 %.

Nos bares a capacidade éde 50% no interior e 75% nas terrazas

No tranporte público non escolar reduce o seu aforo a 50 % nos asentos e 25 % de pé.

Nas reunións e xuntanzas 6 o máximo de persoas en reunións sociais. Nos 60 concellos afectados polas restricións anunciadas por Feixoo as xuntanzas están limitadas a conviventes. Iso si, sen límite. 

 

7) Pódese facer deporte meses 60 concellos?

Os deportistas federados si. O resto, só de forma individual ou con convivintes.

 

8) Persoas procedentes de fóra da Galiza

As persoas procedentes de fóra da Galiza deberán cumprir as disposicións establecidas no DOG, polo que, en particular, só poderán entrar nos 60 concellos afectados en caso dalgunha das excepcións previstas

 

9) Mantense o toque de recoller no horario en vigor, de 23:00 a 6:00 horas.

 

10) Excepcións

Non haberá limitacións neses 60 concellos para ir ao traballo, colexios, atención a persoas dependentes, motivos de saúde ou para realizar compras.

 

11) Canto duran as novas restricións aplicadas aos 60 concellos?

Un mes. 

 

12) Mobilidade

A mobilidade está permitida entre os concellos 'confinados' das zonas afectadas polo peche perimetral. Por exemplo, na área de Santiago unha veciña de Teo pode ir a Compostela e viceversa. Para calquera outro mooviemnto, hai que aterse ás excepcións recollidas no propio DOG: motivos laborais, sanitarios...