Como é o temporal costeiro que o domingo afecta a Galiza?

Grandes ondas en Ribadeo durante un temporal nunha imaxe de arquivo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Activada para este domingo a alerta amarela por temporal costeiro en parte do litoral galego

O litoral entre a Costa da Morte e a ría de Ortigueira de estará este domingo en alerta amarela por temporal costeiro xa que se esperan ventos do suroeste con forza sete, segundo advirte Meteogalicia

Durante esa xornada, as baixas presións atlánticas localizaranse entre Irlanda e a península Ibérica, polo que se esperan ceos parcialmente nubrados con choivas escasas durante a mañá que afectarán as comarcas do oeste e pola tarde poderán aparecer en calquera punto do territorio galego de forma intermitente.

A cota de neve moverase entre os 1.100 e os 1.200 metros, descendendo puntualmente pola noite por baixo dos 1.000 metros. Pola súa parte, as temperaturas non terán cambios significativos e o vento será moderado do suroeste con intervalos forte no litoral da Coruña.

Desde Aemet- Galiza (Axencia Estatal de Meteoroloxía), pola súa parte, apunta a recipitacións localmente persistentes na metade occidental da Galiza Probábeis refachos moi fortes do suroeste no litoral entre Fisterra e Estaca de Bares e en zonas altas do norte de Lugo.

Será, predí, un domingo de ceos nubrados con  brumas e néboas dispersas en zonas altas do interior ao principio e final do día. Choivas febles ou moderadas e chuvascos dispersos, pola mañá no terzo occidental e estendéndose pola tarde a toda a Comunidade aínda que serán menos probables e frecuentes na Mariña. 

Temperaturas mínimas con cambios lixeiros. Temperaturas máximas en aumento na metade occidental e con cambios lixeiros no resto. Xeadas débiles e dispersas en cumes das serras de Ourense e do sur de Lugo. 

Ventos do suroeste, frouxos a moderados no interior e moderados con intervalos fortes no litoral.