Cómo evitar a propaganda electoral nas próximas eleccións do 5A

Cómo evitar a propaganda electoral nas próximas eleccións do 5A

O INE permite aos electores decidir se queren ser excluídos do censo para os envíos postais

O periodo de eleccións sempre é un tanto repetitivo cando pensamos en abrir o buzón da nosa casa e atoparnos cada día con ducias de papeis dos diferentes partidos políticos e a súa propaganda electoral.

Xa son miles de galegos e galegas os que solicitaron non recibir máis propaganda electoral nas súas casas. 

Ben porque se pretende aforrar parte do custo que supón para o erario público, ben porque sinxelamente non a queren ver aparecer na súa caixa de correos unha vez máis.

O proceso é reversíbel e podemos solicitar tanto a nosa exclusión dos censos de envío de propaganda electoral como a nosa inclusión neles novamente.

 

Sexa pola razón que sexa, a solicitude é un trámite bastante sinxelo que podemos levar a cabo —grazas a unha modificación da Lei Electoral aprobada en decembro de 2018— a través da web do Instituto Nacional de Estatística.

¿Cómo podo solicitar que non me envíen propaganda electoral?

A solicitude supón pedir á administración que os nosos nomes sexan retirados do censo que se facilita aos partidos políticos para o envío da súa propaganda.

  1. Accedemos ao formulario web do INE e seleccionamos a opción de acceder con certificado dixital ou con sistema Cl@ave.
  2. Tras levar a cabo a identificación, o portal gobernamental mostraranos os nosos datos persoais principais xunto coa nosa situación actual no censo que se entrega aos partidos (se estamos nel, poñerá Incluído), un texto que dirá "Solicitude de EXCLUSIÓN das copias de partidos políticos" e un botón para enviar a solicitude, o cal pulsaremos para continuar co trámite.
  3. Unha vez pulsado, estaremos excluídos da propaganda electoral. A solicitude sería enviada e a sede electrónica do INE así nolo confirmará, permitíndonos así mesmo obter un xustificante da nosa petición.