Sanidade anuncia un programa de cribado por test de saliva a través de farmacias para detectar asintomáticos

Imaxe de arquivo dunha farmacia (Foto:Arxina)
Os farmacéuticos ofrecerán o test a poboación obxectivo: persoas entre 40 e 64 anos. Estas meterán a saliva nun tubo de mostra, que a propia farmacia enviará a analizar. Unha vez que se coñeza o resultado, este notifícase á persoa que fixo a proba.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Conesaña, anuncia que farmacias da provincia de Pontevedra colaborarán co Servizo Galego de Saúde (Sergas) na realización de cribados a través da recollida de mostras de saliva para a súa análise mediante PCR e detectar posíbeis contaxios da Covid-19. En concreto, a recollida de mostras en farmacias iniciarase pola poboación de entre 40 e 65 anos da provincia, aínda que os colectivos poderán ir cambiando en función dos obxectivos das autoridades sanitarias.

O programa princpiará esta quinta feira, 4 de febreiro, en 6 farmacias 

A presidenta do colexio de Pontevedra, Alba Soutelo explicou o funcionamento do programa, que ten como obxectivo “identificar o virus en persoas  asintomáticas”. Os profesionais ofrecerán a proba á poboación obxectiivo:  pen principio, persoas entre 40 e 64 anos, en principio, sen ser pacientes inmobilizados, sen resultado positivo por  PCR nos  ultimos tres meses e non deben ter relación laboral nin ser residentes de centros de maiores. Ademais, teñen que ser persoas  asintomáticas.

O farmacéutico daralle un tubo de mostra cun código de barras, que será asociado ao paciente. A persoa deberá recoller a súa saliva no tubo sen almorzar ou terse cepillado os dentes. A mostra deberá entregarse antes das 10:30 horas e a farmacia levarao ao laboratorio. Se é negativo enviarase unha mensaxe ao móbil e se non o é, será contactado para realizar unha  PCR  nasofarínxea.

Cambio de tendencia

O conselleiro  iniciou a súa intervención para dar conta do debatido no comité sanitario indicando que as medidas e restricións aprobadas "principan a dar os seus froitos". "Non podemos ser triunfalistas", sinala, pero indica que "por primeira vez neste mes empeza a baixar a incidencia acumulada".

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, manifestou que os datos semellan indicar un "cambio de tendencia" e que estamos "en fase de meseta con tendencia descendente" mais dixo que todo isto había que tomalo con "cautela". 

Tamén informou que hai 200 casos en estudo de posíbeis casos de Covid procedentes de variantes como a británica e a surafricana. Confirmados, dixo, só hai 14 casos do primeiro tipo e 1 do segundo.