Conselleiro de Sanidade: "Sería pouco prudente, con 250 pacientes na UCI, falar de desescalada"

Imaxe de aqruivo dunha comparecencia do conselleiro de Sanidade (Foto: Arxina)
García Comesaña considera que "non se pode falar" de desescalada cando o índice de incidencia na Galiza está en 500 casos e a ocupación das UCI continúa alta. Afírmao pouco despois de que Feixoo falase dunha desescalada "medida e gradual".

Para o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, "non procede" agora falar de desescaladas. Unha opinión que o conselleiro experou apenas unha hora despois de que Núñez Feixoo falase no Parlamento galego dunha "desescalada media e gradual". 

"Falta moito para falar en termos técnicos de desescalada. A día de hoxe, non podemos falar doutra cousa que de manter as medidas e pedirlle aos cidadáns un esforzo adicional. Non podemos falar de desescalada", dico o conselleiro

García Comesaña, indicou ao principio da súa comparecencia esta cuarta feira que estabamos perante un descenso "importante" mais "insuficiente" nos contaxios na Galiza, polo que non se podía, manifestou, falar de "contención". Incidiu en que nas UCI a situación "continúa a ser preocupante". 

Lembrou que na gran maioría dos concellos galegos o índice de incidencia (IAA) a 14 días está por riba deses 250 casos por 100.000 habitantes e que superar ese límite (250) aconsella "seguir coas medidas adoptadas o 27 de xaneiro" e que situaron Galiza nunha situación de semiconfinamento. 

Nesa mesma liña de seguir coas restricións manifestouse o médico Tato Vázquez, membro do Comité, e que interveu na comparecencia."As medidas son efectivas, temos moito traballo por diante, pero os datos son moi esperanzadores"

De por parte, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, debullou os datos da pandemia nestes días e asegura que a situación global das 7 grandes cidades melloraron a súa taxa a 7 e 14 días. Indicou que en 46 municipios non se rexistrou ningún novo contaxio na última semana. Iso si, chamou a "non se confiar" e dixo que as medidas adoptadas polo Comité estaban a dar resultados polo que apostou en seguir "nunha liña continuísta"

Durán tamén informou que nos recentes procesos de cribado participaron máis de 90.000 persoas e que se detectaron 201 casos positivos. E tamén informou que na Galiza hai secuenciados 41 casos da variante británica do coronavirus

"Alivio"

Ao Comité desta terza feira chegouse coas afirmacións de Núñez Feixoo sobre a mesa. O presidente da Xunta dixo que ve "posíbel" que "a mediados da próxima semana" se poida dar "algún respiro" ao aliviar algunhas das restriciónS. E esta mesma cuarta feira, no Parlamento, o presidente falou dunha desescalada "medida e gradual". 

Cómpre sinalar que a vixencia do paquete de medidas que se aprobou a finais de xaneiro opola Xunta a proposta do Comité sanitario é até o 17 de febreiro: a cuarta feira da vindeira semana. As declaración de Feixoo indican que estas restricións poderían non ser prorrogadas, ou polo menos algunha das mesmas.

Nunha conferencia de prensa na Coruña, Feixoo celebrou o "o primeiro dato optimista" e "esperanzador", a baixada da positividade ao 4,5 % este domingo con "só 500 novos infectados".