Fin da situación de emerxencia sanitaria na Galiza

Fin da situación de emerxencia sanitaria na Galiza: 100% de ocupación en hostalaría e lecer nocturno e ampliar horarios a fin de semana

Varios clientes nunha terraza na Mariña nunha foto de arquivo (Foto Carlos Castro / Europa Press).
Concretamente, a hostalaría que traballa polo día -cafetarías, bares e restaurantes- poderán abrir até as 1,30 horas as sextas feiras e sábados, media hora máis que actualmente.

O comité clínico que asesora á Xunta apoia que a hostalaría e o lecer nocturno recupere o 100%  da ocupación, así como que vexan ampliados os seus horarios, especialmente, a fin de semana.

Fontes do sector confirmaron a Europa  Press que, como avanzou o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, a última hora desta cuarta feira, o comité avala "seguir ampliando" a ocupación, unha medida que será concretada polo vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do  Consello.

Ademais, os médicos que asesoran a Xunta na toma de decisión da pandemia tamén deron o visto e prace á ampliación de horarios durante a fin de semana, que será todos os días no caso das discotecas.

No caso de pubs e salas de concertos, o peche será ás 4,30 horas as sextas e sábados. Mentres, as discotecas e salas de festas, poderán estender o seu horario ata as 5 horas, fronte as 4 horas de tope que hai actualmente, se se acollen ao nivel de seguridade máis alto.

Concretamente, a hostalaría que traballa polo día -cafetarías, bares e restaurantes- poderán abrir até as 1,30 horas as sextas feiras e sábados, media hora máis que actualmente.

No caso de pubs e salas de concertos, o peche será ás 4,30 horas as sextas e sábados. Mentres, as discotecas e salas de festas, poderán estender o seu horario ata as 5 horas, fronte as 4 horas de tope que hai actualmente, se se acollen ao nivel de seguridade máis alto.

Os hostaleiros confiaban, segundo as fontes consultadas por Europa  Press tras a reunión coa Xunta esta cuarta, en recuperar o cento por cento de ocupación, aínda que a recuperación do horario de licenza estaba no aire.

O vicepresidente primeiro posicionárase, de feito, por manter a recuperación paulatina como ata o de agora, como finalmente perfílase que se recollerá no próximo Diario Oficial de Galiza (DOG) coas novas medidas que entrarán en vigor o sábado, xornada na que tamén quedará levantado o estado de emerxencia sanitaria na Comunidade.