A comisión de investigación sobre o 'Pitanxo' móstrase favorábel a baixar ao pecio

A Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim) -dependente do Ministerio de Transportes- considera que a inspección do pecio, afundido a 450 quilómetros de Terra Nova (Canadá) o pasado febreiro, "podería contribuír a contrastar algunhas das informacións recibidas e obter outros datos ou detalles de interese para a investigación".

Pesqueiro na zona do naufraxio do 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Forzas Armadas do Canadá)
photo_camera Pesqueiro na zona do naufraxio do 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Forzas Armadas do Canadá)
comentarios