REPARTIRANSE 600 KG DO CEFALóPODO POLOS LOCAIS PARTICIPANTES

Máis de 32 locais participarán esta fin de semana na festa da xiba de Sada

Festa da Xiba

Esta fin de semana Sada celebra a sétima edición da Festa da xiba cun total de 32 locais participantes, que elaborarán entre todos un total de 600 kg de xiba, para presentalos en tapas que serán servidas gratuitamente.

A VII edición da Festa da Xiba de Sada realízase esta fin de semana -comezou esta sexa feira e decorrerá até o domingo- e estará composta por un roteiro gastronómico no que participarán 32 establecementos hosteleiros da localidade.

A consellería é a encargada de repartir a cantidade de 600 kilos deste cefalópodo entre os locais correspondentes. Deste xeito, a Festa da Xiba verá a festa gastronómica máis importante do concello xunto coa sardiñada que ten lugar, habitualmente, no mes de agosto.

Dende a consellaría de Promoción Económica agradecen á cofradía de Sada a colaboración prestada para reunir as cantidades precisas ao mesmo tempo que esperan un grande acollemento da festa entre veciños e visitantes, para que proben as tapas que irán dende as máis tradicionais elaboracións como a xiba en tinta, con arroz ou con fideos, até interpretacións máis novidosas, presentando a xiba sobre tostas, con fabas, en mini hamburguesas ou en ceviche