Comer lixeiro e non beber alcol. Estes son algúns consellos para afrontar a actual vaga de calor

Unha muller cun abano en Pontevedra durante esta vaga de calor (Foto: Elena Fernández / Europa Press).
En caso de malestar, pel avermellada, pulso acelerado, febre, confusión ou mareos débese chamar ao 112 ou dirixirse a un centro de urxencias.

Hidratarse, atender a grupos de risco ou consumir pratos lixeiros son algúns dos consellos que ofrece a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) con motivo da vaga de calor que se está a sufrir, con temperaturas diúrnas que alcanzarán os 38º e 40º en boa parte da Península.

Por iso, entre outros consellos, recomenda a anciáns, crianzas e doentes crónicos non saír á rúa durante as horas de máxima calor, é dicir, entre as 12 e as 17 horas naquelas zonas onde se superen os 35 graos (ºC).

Uso de gorras ou chapeus

Así mesmo, suxire levar unha gorra ou un chapeu no exterior ou buscar as sombras así como hidratarse de forma regular; optar por unha alimentación lixeira ou evitar as bebidas alcohólicas, xa que favorecen a deshidratación.

Ademais, aconsella baixar as persianas en casa en canto o sol pegue de pleno; pór o ventilador ou o ar acondicionado a calquera hora; e deixar a comida e os medicamentos nun lugar fresco e seco.

Tamén avoga por conectar o aire acondicionado no coche ou baixar os portelos e non deixar a ninguén esperando dentro coas portas fechadas (mascotas incluídas).

Por último, en caso de malestar, pel avermellada, pulso acelerado, febre, confusión ou mareos, pide chamar ao 112 ou dirixirse a un centro de urxencias.