Colapso das urxencias en Vigo

Urxencias de Vigo. [Imaxe de arquivo]

A Federación de sanidade de CCOO denuncia que o servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) está en "situación de colapso", ao tempo que hai unha “masificación de todos os PACs" - Puntos de Atención Continuada - da área sanitaria viguesa.

 

Pon como exemplo o PAC da Rúa Pizarro, en Vigo, indiando que nese punto houbo na fin de semana demoras na atención de até 4 horas xunha media de 350 doentes atendidos cada día e una sala de espera abarrotada. “Se desbordadas están as urxencias hospitalarias non o están menos as extrahospitalarias”, afirma este sindicato, que critica “a pasividade” dos responsábeis sanitarios.

 

En declaracións a Europa Press, o secretario xeral de CC.OO. Sanidade, Ángel Cameselle, remarcou que a situación nos hospitais galegos responde a "un problema crónico", vinculado á "falta de persoal en xeral, especialmente en urxencias" pero tamén en hospitalización e atención primaria.