O cocido de Lalín "tínguese de Vigo" nos seus comendadores

Unha persoa disfrazada de porco na LVI Feira do Cocido de Lalín, o 4 de febrero de 2024. (Foto: Elena Fernández / Europa Press)

Esta cuarta feira o alcalde de Lalín, anunciou que a presidenta do RC Celta e o presidente e a vicepresidenta de Prensa Ibérica pasarán a ser comendadores da Feira do Cocido de Lalín

A Feira do Cocido de Lalín remonta os seus inicios ao ano 1968 cando, cun claro obxectivo primeiro de difundir e comercializar os produtos vencellados á gastronomía típica da comarca, deciden comezar a exaltar o prato máis tradicional e sobranceiro da cociña do país: o cocido. Desde o ano de fundación até a actualidade a iniciativa non deixou de medrar, até mesmo se converter nun claro referente gastronómico galego, o que lle fixo ser considerada, desde o ano 2020, Festa de Interese Turístico Internacional.

Pero a pluralidade da festividade é abraiante, o que fai atoparmos atractivos variados como o desfile de Carrozas, as comparsas e charangas ou os concertos.

O alcalde de Lalín, Xosé Crespo, anunciou esta cuarta feira que a presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, e o presidente e a vicepresidenta do Grupo Prensa Ibérica, Javier Moll e Arantza Sarasola, son as tres personalidades que serán nomeadas o vindeiro domingo 23 de febreiro comendadores do Cocido. Así, os seus nomes incorporaranse á Orde xunto a outros xa previamente anunciados, como o do presidente da Deputación de Pontevedra ou a piragüista Teresa Portela. Todos eles cun fin e compromiso primeiro que os une: "Difundir, protexer e apoiar" a Feira do Cocido e o prato de Cocido lalilense.

Alén da información relativa aos comendadores, o Concello de Lalín tamén trasladou que coa montaxe de toda a dotación técnica necesaria para o evento, deron xa inicio os preparativos para a tradicional Gala do Cocido.

Igualmente, o alcalde non perdeu a ocasión para alentar das súas futuras actuacións artísticas: desde Ana Guerra até Nebulosa pasando por David de María, nomes que actuarán nunha gala presentada por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez.