A circulación do AVE entre a Galiza e Madrid volve interromperse polos incendios
A circulación dos trens de alta velocidade entre a Galiza e Madrid volveu interromperse pola reactivación do incendio, case dúas horas despois de que o servizo se restablecese tras a inspección "satisfactoria" de Adif.
Nunha nova mensaxe a través de X, Renfe explicou que "os trens que se atopaban en traxecto serán apartados en estacións até que poida garantirse a continuación da circulación".
O operador ferroviario comunicou á primeira hora da mañá desta quinta feira que continuaba interrompida a circulación de trens entre a Galiza e Madrid debido aos incendios na provincia de Ourense, pero perto das 10.00 horas informou do restabelecemento do servizo.
Nunha mensaxe na súa conta oficial de X, o ministro de Transportes, Óscar Puente, pediu "desculpas ás persoas que tiveron que pasar a noite nas estacións".
Cando parecía que o servizo se ía a renovar, posteriormente suspendido de novo, Puente relataba que levou cinco horas de traballo repoñer o danado na liña do tren entre a Galiza e Madrid, "e con moitas dificultades". Con todo, mantense cancelado o servizo.