CIG-Ensino gaña as eleccións entre o profesorado da USC

A central sindical nacionalista mantén a súa maioría con 14 representantes.

 

A CIG-Ensino gañou esta cuarta feira (6 de maio) as eleccións sindicais entre o persoal docente e investigador da USC. Con 14 representantes a central sindical nacionalista mantén a súa maioría seguida de CC.OO con 13 e de UGT e o CSIF que contarán con 11 cada unha. 

Por campus o reparto fica da seguinte maneira. PDI Laborais Compostela: CIG (6), CC.OO (4), UGT (4), CSIF (3). PDI Laborais Lugo: CIG (2), CC.OO (2), UGT (3), CSIF (2). PDI Funcionarios. CIG (6), CC.OO (7), UGT (4), CSIF (6). 

Desde a CIG amosaron o seu "agradecemento" polo apoio recibido e aseguraron que o resultado reflicte "un aval e un recoñecemento ao traballo realizado" durante os últimos catro anos.