CIG-Ensino e Anpas Galegas protestan en Compostela contra os recortes no ensino

A CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, e Anpas Galegas concentráronse na mañá da terza feira diante da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade contra os recortes de persoal docente e desdobres en secundaria, insistindo na importancia da mobilización para que a Consellaría rectifique na súa política de recortes.

CIG
photo_camera Concentración da CIG-Ensino e de Anpas Galegas, na terza feira, diante da Consellaría de Educación (Imaxe: Nós Diario).
Comentarios