O paso do temporal por Galiza deixa choivas de máis de 99 litros por medo cadrado

Cemeterio de Portosín (@scarleos)

O adverso meteorolóxico con fortes ventos e choivas deixou esta quinta feira máis de 99 litros por metro cadrado no concello de Zas, na comarca de Terra de Soneira, e máis de 90 l/m2 no de Santa Comb, na comarca de Xallas, mentres que o vento alcanzou os 140 quilómetros por hora en Vimianzo.

Así consta nos rexistros de Meteogalicia até as 16,00 horas, recollidos por Europa Press. En concreto, rexistráronse até as 16,00 horas 99,4 litros por metro cadrado en Zas; 90,2 en Santa Comba; 75,4 en Ribeira; 69,7 en Coristanco e 68,3 en Carballo.

En canto ao vento, o refacho de intensidade máxima rexistrouse ás 7,50 horas en Vimianzo, con 140 quilómetros por hora; seguida do 131,8 km/h na Pontenova; 126,4 km/h en Viveiro; 117,7 en Cuntis; e 114,9 km/h en Oia.

En zonas altas, o refacho máximo correspondeu a Carballeda de Valdeorras, con 112,5 quilómetros por hora; seguida de Cervantes, con 104,3 km/h e A Veiga, con 102 km/h.

O forte vento e as choivas manteñen activados avisos de nivel amarelo e laranxa até as 18,00 horas desta quinta feira en diversos puntos da Galiza.