A nova borrasca chega a Galiza con ventos de 140 quilómetros por hora

¡

A nova borrasca que afecta Galiza deixou nas primeiras horas da mañá desta quinta feira refachos de intensidade máxima de 140 quilómetros por hora no municipio de Vimianzo, nunha xornada con avisos por forte vento, choivas e ondas de máis de catro metros.

Segundo os rexistros de Meteogalicia até as 9,30 horas deste xoves, recollidos por Europa Press, o vento deixou tamén en estacións de localidades con altitude menor de 900 metros refachos de 116,6 quilómetros por hora en Cuntis; de 114,5 km/h en Viveiro; 114,1 km/h en Cedeira e 112,5 km/h en Coristanco.

En canto ás zonas altas da Galiza, o vento nas primeiras horas da mañá desta quinta deixou refachos de intensidade máxima de 102,1 quilómetros por hora en Cervantes e de 101,7 km/h na Veiga.

Esta quinta feira até as 18,00 horas están activados avisos no catro provincias galegas por ventos fortes que poden superar nalgunhas zonas os 100 quilómetros por hora esta xornada; e por choivas, que poden acumular máis de 80 litros por metro cadrado nalgúns puntos.

Así mesmo, durante toda a xornada o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra mantén alerta amarela por ondas superiores ao catro metros de altura.