Piden que remate a ocupación por parte de Marrocos

Centos de persoas esixen en Compostela liberdade para o pobo saharauí

Imaxe da concentración no Obradoiro
A concentración estivo organizada por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

Máis un ano, a Praza do Obradoiro acolleu un acto reivindicativo para reclamar liberdade para o pobo saharahui. Sogaps, entidade presidida por Maite Isla, logrou rreunir centos de persoas, entre elas moitos dos nenos e nenas que chegaron a Galiza nas últimas semanas no marco do programa Vacacións en Paz, para esixir liberdade para o Sahara, territorio ocupado por Marrocos desde hai case corenta e cinco anos. 

Representantes de diferentes partidos galegos acudiron á convocatoria de Sogaps, que concluíu coa lectura dun manifesto no que se recollen as demandas do pobo saharaui e no que se pide o remate da ocupación por parte de Marrocos. Galiza está adherido ao programa de acollemento temporal desde o ano 1991, a petición do goberno da República Árabe Saharaui Democrática.