Un cento de persoas solidarizouse c@s 6 detid@s en Compostela perante a comisaría

Tras dunha faixa na que se podía ler "Liberdade detid@s" arredor dunhas 100 persoas concentráronse en solidariedade c@s 6 detid@s esta segunda feira en Compostela. 

 

Por volta dun cento de persoas concentráronse esta segunda feira na Praza do Toural (Compostela) para se solidarizaren coas 6 persoas detidas no marco dunha operación policial que, segundo as axencias de noticias e a imprensa española, estaría relacionada coa manifestación da frota do cerco decorrida o 11 de marzo. 

Ao berro de "Liberdade para as detidas" e "Contra a represión, solidariedade" @s manifestantes responderon ao chamado en réxime de auto-convocatoria no mesmo día en que se produciron as 6 detencións.

Descoñécense as razóns das detencións

Neste senso, denunciaron @s asistentes, nen os avogados da defensa sabían aínda as razóns polas que se produciu o operativo que resultou no arresto destas persoas, maioritariamente estudantes, e que poderían pasar a disposición xudicial esta terza feira. 

Após media hora de concentración iniciouse unha manifestación que tivo como punto de chegada a comisaría de policía da capital galega. Alí agardában@s media ducia de axentes que lles impediron achegarse aos accesos da escuadra policial. Pouco despois, uns 9 axentes máis sumábanse ao dispositivo portando material anti-disturbios. 

As persoas concentradas demandaron a posta en liberdade d@s detid@s perante as dependencias policiais. Por volta das 21.30 horas a concentración disolveuse.