Concerto de apoio o 14 de outubro en Narón

Caxade e Ses celebran as escolas da Semente

Caxade. Foto: cedida.

Dous dos máis relevantes artistas da música galega última xuntaranse o 14 de outubro en Narón para celebrar unha inciativa comunitaria: a das escolas da Semente. O festival Músicas para a Semente, organizado polo centro de Trasancos, contará coas actuacións de Ses e Caxade. Presentará Xurxo Souto.
 

“Somos unha iniciativa comunitaria que está a crear centros de inmersión lingüística en Galiza”, autodefínense os promotores dos centros, “para garantir que as nosas crianzas poidan medrar na nosa lingua, en liberdade e con atención ao propio proceso de aprendizaxe”.

 

A Semente de Trasancos, en Narón, leva tres anos a funcionar e conta con 20 meniños e meniñas. Agora márcase un novo obxectivo: a compra dun epazo xa adaptado para comezar a impartir aulas de ensino primario. Este é un dos cinco centros de Galiza. Os outros están en Lugo, dúas en Compostela, e Vigo.

 

Para recadar apoios e financiamento, a “Escola de ensino galego de Trasancos” organiza o Músicas para a Semente. Ademais de Ses -coa que colaborará Quinindiole- e Caxade, tamén estará Pakolas. Ce Orquestra Pantasma recibirá o Premio Prímula polo disco Os Fíos do Querer.

 

Os billetes para a festa custan 10 euros. Os cativos e cativas menores de 6 anos poden asistir de balde e as de entre 6 e 18 anos, por 5 euros.