Catro feridos após unha colisión frontal na parroquia de Nois, en Foz

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
O aviso, de acordo cos datos achegados nesta xornada polo servizo de emerxencias, produciuse por unha colisión frontal na estrada da Mariña, no punto quilométrico 39, na N-642.

Catro persoas resultaron feridas nunha colisión frontal na parroquia de Nois en Foz (A Mariña), nun accidente segundo informou o servizo de Urxencias Sanitarias 061 e o 112.

O aviso, de acordo cos datos achegados nesta xornada polo servizo de emerxencias, produciuse por unha colisión frontal na estrada da Mariña, no punto quilométrico 39, na N-642.

Desde a central de emerxencias alertaron o 061, ao GES de Cervo, aos bombeiros de Barreiros, á Garda Civil, Protección Civil e servizo de mantemento de estrada, entre outros efectivos.     

Trasladados ao hospital

Desde o 061, confirmaron que houbo catro feridos que foron trasladados ao Hospital Público da Mariña sen que ningún revestise gravidade inicialmente.