Os casos de coronavirus soben novamente até situarse en 4.317

Un home sométese ás probas da Covid-19 en Bergondo. (Foto: Concello de Bergondo)
Os datos recollidos pola Consellaría de Sanidade falan de catro falecementos nas últimas 24 horas, así como 248 novos positivos ás probas PCR. A área sanitaria con máis contaxios entre esta cuarta feira e onte á noite volveu ser a de Pontevedra.

Os casos activos da Covid-19 na Galiza incrementáronse en 11 entre a noite desta cuarta feira e onte, após detectarse 248 novos positivos na e rexistrarse 233 altas de doentes.

Asimesmo houbo catro falecementos deixando a cifra de vítimas mortais da pandemia no país en 705. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, os últimos pasamentos foron os dun varón de 89 anos e outro de 68.

O primeiro permanecía ingresado no Hospital Lucus Augusti, mentres que o segundo finado era atendido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

Os informes aos que ten acceso a Xunta indican que os casos activos caeron nas áreas de Lugo (745, 27 menos); Ferrol (176 e seis menos que onte) e Compostela, que está nas 631 enfermas e enfermos, tras conseguir a alta catro persoas.

En concreto, dos 4.317 casos activos rexistrados en Galicia, 1.237 corresponden á área sanitaria da Coruña e Cee, pois houbo unha subida dun caso. Na demarcación de Pontevedra déronse outros 27 contaxios, sumando así 611 positivos activos. 

En Ourense subiron en oito, polo que hai 511 pacientes e en Vigo 406 (unha ducia máis). Até onte á noite e desde a chegada do virus a principios de ano, curáronse na nazón 16.297 persoas, o que implica 233 máis que esta cuarta feira.

O número de PCR realizadas por Sanidade é de 416.411 fronte.