Os casos activos na área Lugo-A Mariña aumentan en 24 e xa suman 190: son 74% do total na Galiza

Probas de Covid en Burela (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

O número total de casos activos na Galiza é de 256, 11 máis ca onte.

O coronavirus continúa a se estender pola Mariña, nunha tendencia que non é quen de compensar a baixada en casos activos rexistradas noutras comarcas, e que provoca que na Galiza a día sde hoxe haxa 11 casos máis ca onte.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na galiza é de 256.

Deles 190 corresponden á area de Lugo-A Mariña-Monforte. Son 24 casos máis ca onte. Esta área supón 3 de cada 4 casos activos na Galiza, 74% do total.

No resto de áreas: 22 casos son da área da Coruña, 1 da de Ourense, 3 da de Pontevedra, 24 da área de Vigo, 14 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 249 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.880 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 207.535.

En canto a residencias, hai dous casos activos, que afecta os dous a traballadores. Faleceron 274 residentes durante a pandemia.