Os casos activos na área Lugo-A Mariña aumentan en 15, até 166, e xa son 67% do total da Galiza

Punto de control da Garda Civil nun dos accesos á Mariña (Foto: Carlos Castro / Europa Press)

En todo o país hai 245 casos, 11 menos ca onte.

 

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte continúa a aumentar en casos activos, polo brote na comarca do norte do país, nunha tendencia contraria ao resto de zonas, onde a cifra de casos mingua.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 245.

Deles 25 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 2 da de Ourense, 3 da de Pontevedra, 34 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.

Na de Lugo (que abrangue A Matiña) aumentou en 15 casos desde o informe de sanidade desta terza feira. Eses 166 casos activos representan xa 67% do total dos que hai no país.

Do total de pacientes positivos na Galiza, 7 están en unidades de hospitalización e 238 no domicilio.

Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.844 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 204.328.

En canto a residencias, mantense un único caso activo, que afecta un traballador. Faleceron 274 residentes durante a pandemia.