Xuízo do Alvia

O fiscal defende que retirou a acusación ao ex director de seguridade de Adif "froito da meditación"

A sala en que decorre o xuízo do Alvia. (Foto: Nós Diario)
O representante do Ministerio Público advertiu de que con esta traxedia "confúndense as causas coas consecuencias", ao reflexionar sobre "como se podía evitar o accidente".

O fiscal Mario Piñeiro argumentou hoxe, durante unha nova sesión do xuízo polo accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013, que decidiu retirar a acusación contra o ex director de seguridade de Adif, Andrés Cortabitarte, "froito da meditación" e "o esforzo".

Nunhas consideracións previas ao comezo da exposición do seu informe, esta cuarta feira, o representante do Ministerio Público advertiu de que con esta traxedia "confúndense as causas coas consecuencias", ao reflexionar sobre "como se podía evitar o accidente".

Pola súa parte, concluíu que hai que situarse no momento "anterior" ao descarrilamento, na curva da Grandeira, nun tramo sen 'ERTMS' no que o maquinista, que atendeu unha chamada do interventor ao seu móbil corporativo, tiña que pasar de 200 a 80 quilómetros por hora.

Co cambio comunicadoonte, terza feira, Fiscalía só acusa o condutor, profesional de Renfe, ao que atribúe os 80 homicidios e 145 delitos de lesións por imprudencia profesional grave.

O fiscal Mario Piñeiro explicou que mantén a acusación ao maquinista polos 80 mortos e os 145 feridos que supuxo o accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013 xa que "ese día fixo un uso máis que descoidado do teléfono".

Por iso considera que é "unha imprudencia grave, sen a menor dúbida". "Este accidente explícase causalmente ao meu modo de ver polo comportamento do maquinista. Sen o comportamento do maquinista non se explica.

Sen esta chamada e sen estas circunstancias da chamada non se explica", expuxo, ante a sala de vistas, que encara a recta final do proceso."Puxéronse a falar sen máis, a falar, a falar, a falar... sen sentido", chegou a asegurar, sobre a comunicación entre o maquinista e o interventor, que se interesaban pola chegada á estación de Pontedeume para facilitar a baixada dunha familia de viaxeiros.