Contra o cancro de mama: A Galiza "saca peito polas máis vulnerábeis"

O cancro de mama fai máis fráxiles moitas mulleres. Esta certeza, compartida polas propias doentes e pola súa rede de apoio, inspirou o lema deste 19 de outubro, Día Mundial do Cancro de Mama: "saca peito polas máis vulnerábeis". A proclama presidiu numerosos actos na Galiza. Mesas informativas, faladoiros e encontros na vía pública serviron para divulgar as consecuencias do tumor máis diagnosticado no mundo mais tamén para reivindicar a investigación clínica, imprescindíbel para acelerar o acceso a novos fármacos que permitirán ás mulleres vivir máis e mellor. 
 
Olga Sotelo Pastoriza, presidenta de Adicam, un dos moitos colectivos que prestan apoio, acompañamento e servizos a mulleres con cancro de mama na Galiza.
photo_camera Olga Sotelo Pastoriza, presidenta da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama este 19 de outubro en Cangas. (Foto: Arxina)
comentarios