Cambios no mapa de concellos en máxima alerta: desactívase en Santiago e outros 4 municipios

Cee incorpórase aos concellos en nivel vermello.

O número de concellos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 no últimos sete días baixou de 50 a 44 con respecto ao domingo, tras incorporarse á listaxe Cee e desactivarse esta situación en seis municipios: Santiago de Compostela, Ordes, Noia, O Carballiño, Verín e Soutomaior.

Estes cambios non afectan ás medidas aprobadas pola Xunta e que entraron en vigor na madrugada do pasado sábado

Segundo a actualización de hoxe do mapa de alertas da Consellería de  Sanidade, que reflicte certa melloría ao descender do medio cento a cifra de localidades en risco máximo.

Xinzo de Limia, Ourense, Ribadavia, Cervo, Chantada, Viveiro, Burela, Vilalba e a cidade de Lugo seguen no nivel máximo de alerta. Tamén Ferrol, Narón, Fene, Pontedeume, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba, Ames e Teo, aos que se engade Cee.

No segundo nivel de alerta atópanse hoxe 29 concellos galegos, máis que o domingo 

Cambados, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa completan a listaxe.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Lugo -máis de 11-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-.

No segundo nivel de alerta atópanse hoxe 29 concellos galegos, máis que o domingo tras a incorporación de seis que descenden do nivel máximo -O Carballiño, Verín, Ordes, Santiago, Noia e Soutomaior- e doutros tres que empeoran os seus datos no últimos sete días: Sarria, Camariñas e Ponteceso.